Contacontos para público infantil e centros de ensino

Actualizado 08/11/2019 00:00

museo de pontevedra

Dous contacontos para público infantil vanse celebrar no Sexto Edificio durante os meses de novembro e decembro. O primeiro deles leva por título Contos a pedir de boca e está dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas. O segundo, Os Contos da Leiteira, organízase para centros de Ensino con alumnado de Infantil e primeiro de Primaria. Estas sesións estarán a cargo de OQO Editora.

Contacontos para público infantil e centros de ensino

CONTOS A PEDIR DE BOCA

Datas: Sábados 16 de novembro e 21 de decembro.
Hora: 12 h.
Non se precisa inscrición. A entrada é de balde ata completar o aforo.

A través dun comerciante do Mediterráneo o público participante coñecerá algunhas manifestacións do noso pasado galaico: como vivían, como eran as súas vivendas, ou en que consistía a súa alimentación. E é que a cociña, particularmente a carón da lareira, foi o lugar preferido para contar e escoitar contos durante séculos.

OS CONTOS DA LEITEIRA
Contacontos para Centros de Ensino con alumnado de Infantil e 1º de Primaria.

Datas: Venres 22 de novembro e 13 de decembro.
Hora: Primeira sesión ás 10:30 h. Segunda sesión ás 12:00 h.
Inscrición: Precísase enviar un e-mail a curtas.museo@depo.es ou chamar ao tfno. 986.80.41.00 ext. 42315. Entrada de balde.

Un retrato dunha leiteira cobra vida todas as mañás no Museo. A súa rutina é de pasear polas salas do Museo ofrecendo unha cunca de leite entre os personaxes que habitan nos cadros. Froito destes encontros é coñecedora de historias e anécdotas de vida que agora comparte cos visitantes do Museo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra