Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XV-XVII

Actualizado 08/11/2019 00:00

museo de pontevedra

Do 12 de novembro de 2019 ao 14 de xaneiro de 2020 o segundo andar do claustro do Edificio Sarmiento acolle a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas organizada polo Consello da Cultura Galega. Nela amosase as consecuencias que a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos, tivo para Galicia. A inauguración terá lugar o martes 12 ás 18 h.

Inventio Mundi. Galicia nas viaxes  transoceánicas séculos XV-XVII

Esta formidable viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas e da cal deberían saír as seguintes expedicións para aquelas afastadas terras das especias, tan desexadas polo europeos,  foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra