Presentación do libro Las Monedas Leonesas y Castellanas del Siglo XII

Actualizado 15/11/2019 00:00

museo de pontevedra

O xoves 21 de novembro, ás 19 h, preséntase no Sexto Edificio o libro Las Monedas Leonesas y Castellanas del Siglo XII de Antonio Roma Valdés. A entrada é libre.

Las Monedas Leonesas y Castellanas del Siglo XII

Neste estudo das emisións monetarias realizadas nos reinos de León e Castela no século XII, o autor contou coa colaboración de Pablo Rueda Rodríguez-Vila, Raúl Sánchez Rincón e Erea Castro Alfonso, está última conservadora dos nosos fondos numismáticos.

O libro trata de explicar a gran variedade tipolóxica das moedas destes reinos nun momento de explosión cultural na Europa Occidental e desentrañar as distintas mensaxes que transmiten. Non se contempla esta obra desde a perspectiva única do poder que emitiu as moedas, senón tamén desde as mans dos traballadores das cecas que as acuñaron, o talento dos fabricantes dos cuños ou, finalmente,  desde a observación de como os campesiños e comerciantes se relacionaban con elas.

Aos fundamentos históricos e económicos incorporáronse neste traballo, distintos elementos técnicos, culturais e lingüísticos.

Na presentación intervirán xunto ao autor, Antonio Roma Valdés, fiscal e doutor en Historia, José Manuel Rey García, director do Museo de Pontevedra; Pablo Rueda Rodríguez-Vila, notario;  Raúl Sánchez Rincón, arqueólogo do Museo Arqueológico de Álava e Erea Castro Alfonso, conservadora numismática do Museo de Pontevedra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra