Actividades complementarias da exposición Galaicos, un pobo entre dous mundos para diferentes públicos e centros de ensino

Actualizado 18/11/2019 00:00

museo de pontevedra

Como complemento da exposición Galaicos, un pobo entre dous mundos, o Museo organiza no Sexto Edificio varias actividades dirixidas a distintos públicos, tanto infantil como adulto, que se desenvolverán entre os meses de novembro, decembro e xaneiro.

ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS, FAMILIAS  E PÚBLICO INFANTIL

MODELANDO COAS MANS. CERÁMICA CASTREXA.

Obradoiro participativo para achegarse ao proceso de elaboración da cerámica castrexa desde o modelado á decoración e acabado final.

Destinatarios: nenas e nenos a partir de 7 anos acompañados dunha persoa adulta

Datas: sábados 23 e 30 de novembro e 18 e 25 de xaneiro

Hora: De 10h a 13h

Número de participantes: 20

Executa: Fundación Terra Termarum

Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónicogabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

UN DÍA NO TEMPO DOS GALAICOS

Dúas actividades de recreación histórica e arqueoloxía experimental arredor dalgunhas das actividades que formaban parte do día a día da vida das e dos galaicos.

1- Representación dun poboado

Con esta iniciativa preténdese achegar ao público a vida cotiá das poboacións da Idade do Bronce e do Ferro a través da recreación de escenas con actividades en vivo.

Destinatarios: todos os públicos ata completar aforo.

Datas e horas: xoves 26 de decembro (17h a 19:30h) e venres 27 de decembro (10:30 a 12:30h).

Executa: Asociación Boquique

2 - Obradoiro téxtil

Sesión demostrativa na que, ademais de mostrar o funcionamento de diferentes tipos de teares protohistóricos, mostraranse os diferentes tecidos realizados con eles, así como unha exhibición de diversos traxes da Idade do Bronce e da Idade do Ferro en Europa.

Esta actividade pretende transmitir un coñecemento que, en moitos casos, se perdeu, permitindo á sociedade actual recuperar antigas artesanías e poñer en relación a cultura material utilizada en cada un destes períodos.

Destinatarios: persoas adultas

Datas e horas: xoves 26 de decembro (19:30h a 20:30h) e venres 27 de decembro (de 12:30h a 13:30h)

Número de participantes: 20

Executa: Asociación Boquique

Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónicogabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

O PODER DAS XOIAS

Obradoiro creativo onde nenas e nenos, entre 6 e 12 anos, descubrirán a importancia histórica, cultural e simbólica das xoias pre e protohistóricas expostas na colección permanente do Museo e na exposición Galaicos, un pobo entre dous mundos. Rematarán realizando unha reprodución dalgunha destas xoias dunha forma creativa e lúdica.

Destinatarios: nenas e nenos de 6 a 12 anos

Datas: Xoves 2 e venres 3 de xaneiro

Hora:  11h a 13:30h

Número de participantes: 15 por sesión

Executa: Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra

Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

OBRADOIROS PARA CENTROS ESCOLARES

VESTÍNDONOS COMA GALAICOS

Neste obradoiro participativo, o alumnado descubrirá como era a vestimenta e os adornos que usaban as persoas que habitaban os castros. A actividade incluirá unha parte experimental na que a rapazada tecerá nun tear castrexo e creará os seus propios adornos persoais replicando os modelos que apareceron en diferentes castros de Galicia.

Destinatarios: alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Datas: Xoves 5, martes 10, mércores 11 e xoves 12 de decembro

Hora: a escoller entre dúas quendas, ás 10h ou ás 11:45h

Duración da actividade: 90 min

Número de alumnado: máximo de 25 por quenda

Executa: Van Divulgación Cultural, S.L.

Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

ARQUEOLOXÍA DOS SENTIDOS

Obradoiro no que as nenas e os nenos, a través dos sentidos,  identificarán unha serie de obxectos que irán descubrindo dentro dunhas caixas de cartón, obxectos que adoitan aparecer nas escavacións arqueolóxicas e que, a través do seu análise, poderán asociar coa vida cotiá de tempos prehistóricos. Con esta actividade preténdese que o alumnado tome conciencia do valor do seu pasado así como transmitir coñecementos da prehistoria de forma lúdica. Tamén se promove o traballo cooperativo e se estimulan os sentidos e a concentración dos nenos e nenas.

Destinatarios: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria

Datas: Mércores 15, venres 17, mércores 22 e venres 24 de xaneiro

Hora: a escoller entre dúas quendas, ás 10h ou ás 11:45h

Duración da actividade: 60 min

Número de alumnado: máximo de 25 por quenda

Executa: Tictura

Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra