Proxección do documental El legado de las rías gallegas

Actualizado 21/11/2019 00:10

museo de pontevedra

No salón de actos do Sexto Edificio do Museo terá lugar este domingo 24 de novembro, ás 12:00h,  a proxección do documental El legado de las rías gallegas de Jorge J. Candán, recentemente proclamado Campión do Mundo de Vídeo Submarino. A entrada é libre ata completar o aforo.

Guía das Salas Castelao

Esta proxección realizase como colofón das III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade que organiza  a Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural.

Unha vez rematada a proxección, Jorge J. Candán atenderá ás preguntas que lle desexe facer o público asistente.

Toda a información e a inscrición gratuíta en todas as sesións das xornadas está en: https://sghn.org/iii-xornadas-galegas-de-patrimonio-natural-e-biodiversidade-2019/

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra