O Museo na exposición Galicia, un relato no mundo

Actualizado 27/11/2019 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra está presente na exposición Galicia, un relato no mundo con 14 pezas, a grande  maioría pertencentes á súa ampla colección de fondos arqueolóxicos.

Este proxecto expositivo, comisariado por Manuel Gago Mariño e organizado pola Xunta de Galicia e Fundación Cidade da Cultura, é unha grande mostra na que se explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto del mundo, nun percorrido que leva ás persoas que o visiten desde a prehistoria ata a actualidade.

Un machado de pedra pulimentada do Megalítico; tres puntas de cobre tipo “Palmela”; un Puñal de lingüeta, tamén de cobre; unha espada pistiliforme da Idade do Bronce; tres pezas de ouro do Tesouro de Caldas de Reis; un puñal de lexionario de época Castrexa – romana; un relevo medieval do tempo de Alfonso II (866-910); a estatua xacente dun cabaleiro galego da fin da Idade Media; unha bandexa decorativa de 1909 con propaganda e, finalmente, unha escultura en granito de 1928, son as pezas do Museo que permanecerán expostas  no Museo Centro Gaiás ata a clausura da mostra que terá lugar o 12 de abril de 2020.

Premendo nas imaxes pódense contemplar estas pezas ampliadas e obter máis información sobre elas.

Premer na imaxe para ampliar

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra