Obradoiro: 3,2,1... acción!
Actualizado 04/12/2019 00:00 museo de pontevedra Nesta actividade plástica proponse volver aos inicios do cinema para crear unha historia en imaxes de xeito artesanal. Proponse a construción dunha animación experimental protagonizada por coñecidos personaxes cinematográficos que cobrarán vida mediante a sinxela tecnoloxía do GIF ao dispor de todos nós.
Este obradoiro será impartida pola Asociación Cultural Urbana Taller Abierto. Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra é un certame cinematográfico orientado á detección, promoción e difusión do talento emerxente. Destinatarios: Nenas e nenos de 8 a 12 anos Número de participantes: 15 Data: 14 de decembro, de 11.00 a 13.00 h Inscrición: no correo-e contacto@tallerabierto.info |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |