Presentación do documental Nóvoa 1919-2019

Actualizado 12/12/2019 00:00

museo de pontevedra

O martes, 17 de decembro, día no que se cumpren cen anos do nacemento do artista Leopoldo Nóvoa, preséntase no salón de actos do Sexto Edifico o documental Nóvoa 1919-2019 dirixido por Xurxo Lobato e con guión de Rosario Sarmiento, comisaria da gran mostra que lle está a preparar o Museo. Será ás 19 h.

Ciclo de conferencias organizado polo Seminario de Estudios Locales de Pontevedra

Neste documental de 18 minutos recóllense os testemuños de persoas que coñeceron ao artista, tanto a nivel persoal como profesional.

Rosario Sarmiento, Celestino García Braña, Xerardo Estévez, Ramón Rozas, Román Pereiro, Sofía Santos, Antón Patiño, Quintana Martelo, Xavier Seoane e Adolfo Sobrino ofrécennos un mosaico de opinións que configuran un perfil sobre a vida e a traxectoria deste artista, do que conserva o Museo de Pontevedra seis obras que documentan os seus distintos períodos creativos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra