Presentación do libro Galicia. Una nación entre dos mundos de Ramón Villares

Actualizado 16/12/2019 00:00

museo de pontevedra

O xoves 19 de decembro, ás 19 h, preséntase no Sexto Edificio o libro Galicia. Una nación entre dos mundos de Ramón Villares. A entrada é libre.

Ciclo de conferencias organizado polo Seminario de Estudios Locales de Pontevedra

Este libro, editado por Pasado & Presente, ofrece unha explicación do proceso histórico de creación da identidade de Galicia como cultura-nación; das súas esencias e conflitos, e das conexións que a vincularon a outros territorios, sobre todo a América Latina.

Grazas a el poderanse comprender mellor os acenos políticos, económicos e culturais que conformaron o galeguismo e o seu longo percorrido desde a Idade Media ata a actualidade. Di Ramón Villares no prefacio do libro que "Se trata de una aventura mundial de gente humilde pero esforzada que ha hecho realidad el verso de Rosalía de Castro: toda a terra é dos homes".

O autor estará acompañado de Rosario Álvarez (presidenta do Consello da Cultura Galega) e de Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega).

Ramón Villares é catedrático de Historia Contemporánea na Universidad de Santiago de Compostela, membro de número da Real Academia Galega e de varios padroados de diferentes centros e fundacións culturais. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia, Rector da USC entre 1990 e 1994 e presidente do Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra