Presentación do libro Punto de giro de Ángel Peláez

Actualizado 18/12/2019 00:00

museo de pontevedra

Ángel Peláez presenta no Sexto Edifico o venres 20 de decembro, ás 19:30 h, o seu libro titulado Punto de giro. A entrada é libre ata completar o aforo.

Xunto ao autor, intervirán no acto: José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra; Xabier Fortes, xornalista; Rodrigo Cota, escritor e Alejandro Diéguez, editor.

Punto de giro

Ángel Peláez (Pontevedra) estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e é licenciado en Ciencias da Imaxe pola la Universidade Complutense de Madrid. Case toda a súa carreira profesional transcorreu en TVE. Como realizador e guionista traballou en programas como Vivir cada día, La exploración Malaspina, La Copa América, Desastre del 98, Las voces del Prestige, entre outros. En 2006 é nomeado coordinador de programas musicais e de entretemento de TVE. Foi galardoado co Premio Ondas, Premio da Academia ao mellor documental, Premio Talento, Premios Mestre Mateo e finalista dos Premios Emmy en Nova York, por «La ley de la palanca». En 2007 dirixiu e guionizou a película «Siempre Habana» e en 2013 o documental «¿Colón Gallego?»

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra