Unha ara votiva e unha estela funeraria incrementan a ampla colección epigráfica do Museo

Actualizado 19/12/2019 00:00

museo de pontevedra

Nos pasados días dous interesantes epígrafes de época galaico-romana (unha ara votiva e unha estela funeraria) acrecentan a inmensa colección que conserva o Museo. Ambos proceden de achados casuais.

Epígrafe

A ara, conservada casí na súa totalidade, foi localizada na parroquia de Dorna do concello de Cercedo-Cotobade, xunto á capela de San Lourenzo, e a estela funeraria  no lugar de Mosteiro da parroquia de Pexegueiro de Tui.

En ambos os casos aparecen ligadas a lugares de posterior culto cristián: unha ermida no caso da ara e unha igrexa parroquial no da estela.

A entrega da ara, polos responsables da Comunidade de Montes de Santa María de Sacos, e da estela, pola propietaria do terreo onde se achou, Dolores Ubeira Fernández, permite non só o coñecemento de ambos os monumentos senón que con iso garántese a súa conservación futura e a súa disposición para incrementar a información histórica sobre a Gallaecia romana.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra