Presentación do Consello Asesor do Museo de Pontevedra

Actualizado 27/12/2019 00:00

museo de pontevedra

A arqueóloga Beatriz Comendador, o empresario das industrias culturais Kin Martínez, a directora de Esdemga Lola Dopico, a artista Menchu Lamas, o crítico de arte Ramón Rozas, a arquitecta Teresa Táboas e o pedagogo e escritor Xaime Toxo son os integrantes do novo Consello Asesor do Museo de Pontevedra.

Epígrafe

Os seus nomes déronse a coñecer o xoves 26 de decembro de 2019 nun acto no Sexto Edificio coa presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, o secretario provincial Carlos Cuadrado, o director do Museo Xosé Manuel Rey, e a directora de xestión Sonia Mateos.

Trátase de representantes de sectores moi diversos da sociedade cunha ampla traxectoria profesional que se reunirán de forma periódica (como mínimo dúas veces cada seis meses) para falar sobre os proxectos, a xestión, e o funcionamento da institución museística.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra