Concerto Despedida do Vilancico

Actualizado 08/01/2020 00:00

museo de pontevedra

O coro dos ex-cantores dos institutos de Pontevedra, dirixido por Enrique J. Lareo Martín, ofrecerá o sábado 11 de xaneiro  ás 19:30 h no salón  de actos do Sexto Edificio a sexasésimo segunda edición do concerto Despedida do vilancico, no que esta agrupación, tal e como leva facendo desde os seus inicios, ofrecerá un selecto repertorio de música de Nadal tanto antiga coma contemporánea.

O coro naceu en 1955 da man do profesor Filgueira Valverde e estaba integrado exclusivamente polo alumnado dos institutos; unha iniciativa apoiada e favorecida por un exemplar claustro de docentes que lles daba desa maneira continuidade a proxectos anteriores na vida musical da cidade de Pontevedra, que contaba cunha fecunda tradición neste eido.

A súa primeira actuación pública tivo lugar o 16 de marzo de 1955 no mosteiro de Poio.

PROGRAMA

No la debemos dormir
Cancioneiro de Upsala, século  XVI
Frei Ambrosio Montesino (1444? -1514)
Verbum caro
Cancioneiro de Upsala, século XVI, anónimo
Dadme albricias
Cancioneiro de Upsala, século XVI, anónimo
Jesus Christ is born
Nathaniel Dett (1882-1943)
No seio da Virgem Mai
S. Ribeiro (1898-1966), Natal de Elva (Portugal)
Deitadiño está nas pallas
Trad. portuguesa
Harm. Agustín Isorna (1914-1966)
Est is ein Ros entsprungen
Michel Praetorius (1571-1621)
O Tannenbaum
Ernst Anschütz (1797-1855)
Arranxo musical: Agustín Isorna (1914-1966)
O bon rei don Wenceslao
Trad. inglesa, século XIII
Letra: J. F. Filgueira Valverde
Le message des anges  
Trad. francesa, século XIII
Harm. Agustín Isorna (1914-1966)
Adeste Fideles
Himno popular c. 1640
Harm. John Reading (c. 1685-1764)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra