Presentación do libro Festas con representacións de mouros e cristiáns en Galicia e terras do noroeste veciñas

Actualizado 09/01/2020 00:00

museo de pontevedra

O martes 14 de xaneiro, ás 19:30 h, preséntase no Sexto Edificio o libro Festas con representacións de mouros e cristiáns en Galicia e terras do noroeste veciñas  do que é autor o etnógrafo Xosé Manuel González Reboredo.

Mouros e cristians_498.jpg

No acto, que estará aberto ao público en xeral, o autor estará acompañado por José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra, e Xosé Fuentes Alende, investigador especializado no eido etnográfico.

Esta publicación, de mais de 550 páxinas, con mapas, fotografías e outras ilustracións, convértese nunha obra de consulta para coñecer a nosa cultura popular e poñer en valor o patrimonio inmaterial. Nela pódense coñecer as distintas formas presentes neste tipo de espectáculos populares, os seus antecedentes e paralelos dentro e fóra da península, e tamén os feitos históricos que pretenden lembrar.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra