Galaicos, un pobo entre dous mundos: unha nova mirada a que narra ou debe narrar a Arqueoloxía. Mesa redonda

Actualizado 16/01/2020 00:00

museo de pontevedra

Dentro das actividades complementarias da exposición Galaicos, un pobo entre dous mundos vai ter lugar o martes 21 de xaneiro, ás 19:30 h no Sexto Edificio, unha mesa redonda sobre unha nova mirada a que narra ou debe narrar a Arqueoloxía. A entrada é libre.

Mouros e cristians_498.jpg

Modera:

Aurelia Balseiro García (Directora Museo Provincial de Lugo)

Participan:

Beatriz Comendador Rey (Universidade de Vigo)

Felipe Criado Boado (INCIPIT-CSIC)

Antonio Nicolau Martí (KULTURA, Ideas y estrategias para el patrimonio)

Gonzalo Ruíz Zapatero (Universidad Complutense Madrid)

Preténdese xerar un debate sobre as novas formas de presentar a arqueoloxía aos públicos (especializados ou non), cales son os novos discursos, os novos recursos ou os novos medios para transmitir o coñecemento que se xera á sociedade, non só a través de exposicións, senón tamén con proxectos sociais, voluntariado, etc, contrastándoo con recursos, discursos, medios... non tan novos pero que seguen funcionando ou se seguen empregando aínda que non funcionen.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra