Nóvoa e a creatividade galega en América. Mesa redonda

Actualizado 06/02/2020 00:00

museo de pontevedra

Coa mesa redonda Nóvoa e a creatividade galega en América dará comezo o martes, ás 19:30 h, no Sexto Edificio, a programación de actividades complementarias á exposición antolóxica Leopoldo Nóvoa 1919-2019, que supón unha homenaxe a esta referente da arte abstracta da segunda metade do século XX. A entrada é libre.

mesa redonda Nóvoa e a creatividade  galega en América

Neste primeiro coloquio participará o historiador Miguel  Anxo Seixas, o crítico de arte e historiador Carlos Bernárdez e o profesor de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Juan Monterroso. Será Ramón Rozas o encargado de moderar o debate, que tratará sobre a importancia que América tivo nos artistas galegos que se exiliaron ou emigraron tras o golpe de estado de 1936 e o inicio da Guerra Civil, como foron Luis Seoane, Colmeiro, Arturo Souto, Castelao,  Maruja Mallo, Laxeiro ou o propio Nóvoa, que iniciou alí a súa traxectoria como pintor sentando as bases do que foi o desenvolvemento da súa obra en Europa a partir de 1965.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra