Entroido 2020. Actividade para público infantil

Actualizado 07/02/2020 00:00

museo de pontevedra

O Entroido galego é unha celebración festiva de longa tradición popular á que o Museo de Pontevedra se quere sumar cunha actividade do Gabinete Didáctico para o público infantil de 7 a 12 anos.

Marionetas

Nesta actividade, que constará de dúas sesións, as nenas e os nenos participantes farán unha visita ás salas dedicadas a  Castelao, onde se deterán nos bosquexos para ballet, e a continuación confeccionarán unhas marionetas que pintarán e ás que lle darán vida nunha pequena representación.

Días: Luns 24 e martes 25 de febreiro

Idade: Nenas/os de 7 a 12 anos

Horario: 11 a 13 horas

Duración: 2 días

Lugar:  Sexto edificio

Participantes:   16

É preciso inscribirse a través do Gabinete Didáctico: tlfno. 986.804.100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. En horario de 8:30 a 14:30h.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra