Figueiriñas que prantei. Contacontos para público infantil e familiar dedicado á figura de Rosalía de Castro

Actualizado 12/02/2020 00:00

museo de pontevedra

O domingo 23 ás 12 h, véspera do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, vaise realizar no Sexto Edificio unha sesión de contacontos ilustrado para que nenas e nenos se acheguen á figura da célebre escritora.

Contacontos Rosalía

Esta actividade en homenaxe a Rosalía de Castro estará a cargo de Polo Correo do Vento e constará de tres bloques. No primeiro, Enrique Mauricio relata a historia Figueiriñas que prantei mentres Carlos Taboada realiza unha ilustración mural da mesma. No segundo bloque as nenas e os nenos interaccionan co conto e co debuxo nunha rolda de prensa guiada polos autores. No terceiro participan nun obradoiro de ilustración sobre o relato.

Non se require inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra