POSPOSTO Desde dentro do cadro. Das artes plásticas ao teatro

Actualizado 21/02/2020 00:05

museo de pontevedra

Se informará de las nuevas fechas de celebracion

INSCRICIÓN COMPLETA

Xa está aberta a inscrición para participar no obradoiro Desde dentro do cadro, unha  actividade multidisciplinar de observación e investigación artística e creación teatral  dirixida a público adulto ou familias con nenas e nenos maiores de sete anos. Consta de catro fases que se realizarán os días 13 e 14 de marzo no Sexto Edificio.

Desde dentro do cadro. Das artes plásticas ao teatro

As persoas participantes neste obradoiro, deseñado e coordinado por Nadir Peressini, realizarán unha viaxe desde un cadro da nosa colección a unha obra teatral creada e interpretada por eles mesmos, axudados por un experto e as novas tecnoloxías. Trátase dun camiño de observación, investigación e creación a través do que a arte exhibida nas paredes cobra vida.

Datas:

Venres 13 de marzo, de 17 a 20 h

Sábado 14 de marzo, de 17 a 20 h

Número de participantes:

Máximo 20

Inscrición:

A participación é gratuíta pero é preciso inscribirse a través do Gabinete Didáctico: tlfno. 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. En horario de 8:30 a 14:30 h.

Aconséllase vir preparado con roupa cómoda e algún dispositivo electrónico como tablet ou teléfono móbil.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra