A Deputación de Pontevedra inicia o proceso para seleccionar a nova identidade gráfica do Museo

Actualizado 21/02/2020 00:00

museo de pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o proceso para seleccionar a nova identidade gráfica do Museo de Pontevedra. O día 19 de febreiro abreuse un prazo de dez días hábiles para que calquera persoa física ou xurídica interesada presente un portfolio dos seus traballos que poidan ter relación coa creación da imaxe corporativa institucional que se busca. O Consello Asesor do Museo encargarase de revisar todos eses portfolios para elixir as catro mellores opcións, convidar ás persoas autoras a desenvolver cadansúa proposta de identidade visual para o Museo e, finalmente, decidir a adxudicataria.

O importe do contrato ascenderá a 12.000 euros (sen IVE) e, en concepto de compensación polos gastos ao resto de propostas invitadas que non resulten adxudicatarias, entregarase a cantidade de 1.000 euros.

MÁIS INFORMACIÓN

RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra