Descubrindo a Concepción Arenal. A muller do porvir

Actualizado 27/02/2020 00:00

museo de pontevedra

As actividades que este ano realiza o Museo con motivo do Día Internacional da Muller estarán dirixidas a resaltar a figura de Concepción Arenal. Constarán dunha visita guiada ás obras plásticas que reflicten a súa personalidade e ao seus manuscritos orixinais e fondos bibliográficos e da proxección da película Concepción Arenal, la visitadora de cárceles.  A participación nestas actividades é de balde e non require inscrición.

Concepción Arenal

O martes 3 e 4 de marzo, ás 18 h, realizaranse as visitas guiadas onde se reflexiona sobre a súa persoa  e a súa obra e como influíu o seu pensamento e o seu traballo na época na que viviu, así como a repercusión que tería no futuro.

O xoves 5 de marzo, ás 19 h, proxectarase coa colaboración de RTVE a película Concepción Arenal, la visitadora de cárceles que recrea o labor realizado pola célebre escritora e defensoras dos dereitos da muller nun presidio feminino de Galicia. Foi dirixida en 2012 por Laura Mañá con guión de Laura Mañá e Rafa Russo e interpretada por Blanca Portillo, Diana Gómez , Mabel Rivera, Candela Fernández, Pere Arquillué, Anna Casas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra