POSPOSTO Curso de Apreciación Musical 2020

Actualizado 02/03/2020 00:00

museo de pontevedra

Informarase das novas datas de celebracion

O venres 6 de marzo ás 19:30 h comeza a primeira das sesións da décimo primeira edición do Curso de Apreciación Musical, dirixido polo profesor Manuel López-Benito. Neste semestre celebrarase en marzo o ciclo A música e o seu contexto histórico  e en maio e xuño o ciclo Os instrumentos da orquestra. A entrada é libre ata completar o aforo do salón de actos do Sexto Edificio.

A MÚSICA E O SEU CONTEXTO HISTÓRICO

Venres 6, 13, 20 e 27 de marzo

A Historia da Música ensínanos que hai momentos en que o devir da mesma sofre un cambio radical. Nestas catro xornadas das que consta o ciclo trataremos de explicar algúns dos fenómenos musicais históricos á luz da súa relación cos sucesos culturais que lle son contemporáneos xa que a música, como calquera outra disciplina intelectual, non se desenvolve illadamente senón que o fai de maneira conxunta e unitaria co resto do que convimos en chamar “o devir histórico e cultural da Humanidade”. Un exercicio que levaremos a cabo con audicións comentadas daquelas obras musicais máis representativas.  

OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Venres 8,  22 e 29 de maio e 5 de xuño

O estudo comparado dos diferentes instrumentos da orquestra sinfónica, as súas calidades  tímbricas, os afectos que producen e as maridaxes que poden formar, son algúns dos aspectos que analizaremos neste ciclo do curso de apreciación musical 2020. Para iso escoitaremos e analizaremos algunhas das obras máis representativas para cada un dos instrumentos obxecto do noso estudo. Completaremos a unidade didáctica analizando a importancia da dirección orquestral e a súa evolución ao longo da Historia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra