POSPOSTO I Xornadas de Educación Patrimonial e Museos

Actualizado 04/03/2020 00:00

museo de pontevedra

Informarase das novas datas de celebracion

Froito da colaboración entre o Museo de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela terán lugar os días 23 e 24 de abril de 2020 no Sexto Edificio as I Xornadas de Educación Patrimonial e Museos. A inscrición nesta actividade, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra,  é gratuíta e pode realizarse ata o 13 de abril.

A convocatoria pretende ser un espazo de reflexión, posta en común e colaboración entre investigadores universitarios e dos equipos de desenvolvemento educativo e acción cultual dos museos de Galicia.

Programa e inscrición en: https://epatrimonio-museopontevedra.gal/

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra