POSPOSTO Arte, paisaxe e xénero. Obradoiro para adultos

Actualizado 05/03/2020 00:00

museo de pontevedra

Informarase das novas datas de celebracion

Este obradoiro ten como obxecto  afondar na relación existente entre  arte e paisaxe dende unha  perspectiva de xénero, coñecendo e aprendendo diferentes visións,  procedementos e medios de expresión artística a partir da experiencia e obras de artistas dos séculos XIX ao XXI. Constará de dez sesións que se desenvolverán entre o 25 de marzo e o 27 de maio.

Arte, paisaje y género. Taller para adultos

As sesións dividiranse en dúas partes. Unha parte teórica, na que se expón o tema de estudo e se visiona o material gráfico, e unha segunda parte práctica, baseada no desenvolvemento dunha proposta creativa a partir da obra e temas abordados.

Días: 25 de marzo, 1, 8, 15, 22, 29 de abril, 6, 13, 20, e 27 de maio  

Hora: de 17:30 h a 20 h

Número de participantes: 15

Inscrición:

A participación é gratuíta pero é preciso inscribirse a través do Gabinete Didáctico: tlfno. 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. En horario de 8:30 a 14:30 h

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra