Debuxantas. Pioneiras da ilustración

Actualizado 06/03/2020 00:00

museo de pontevedra

Desde o 12 de marzo, ás 19:30 h en que abre as súas portas, ao 17 de maio pode visitarse no Sexto Edificio a exposición Debuxantas. Pioneiras da ilustración. Unha mostra que recolle as creacións das principais ilustradoras que traballaron para as publicaciones Blanco y Negro e ABC desde su fundación (1891 y 1903, respectivamente).

Debuxantas. Pioneiras da ilustración

A mostra acolle por primeira vez nunha exposición as creacións das principais ilustradoras que traballaron para as publicacións Blanco y Negro e ABC desde a súa fundación (1891 e 1903, respectivamente).O título fai referencia ao aclamado I Salón de Dibujantas que tivo lugar no Lyceum Club Femenino en 1931.

A exposición, froito dun vasto traballo de investigación e documentación, recolle un total de preto de 130 obras de 40 ilustradoras, que van desde as pioneiras de finais do século XIX ata as máis modernas da década de 1990. Unha crónica visual de cen anos da man das grandes artistas da Colección ABC; desde atc (Ángeles Torner Cervera), Piti Bartolozzi, Maruja Mallo e Marga Gil Roësset ata Coti(Lucrecia Martínez Feduchi) ou Mar Ferrero.

As comisarias da mostra son Marta González Orbegozo e Xosefina Alix.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra