POSPOSTO I Concurso de Solistas de Galicia. Concerto

Actualizado 11/03/2020 00:00

museo de pontevedra

Informarase das novas datas de celebracion

Os domingos 15 e 22 de marzo, ás 12 h, as persoas que o desexen poden asistir no Sexto Edificio ao concerto que darán os músicos gañadores do I Concurso de Solistas de Galicia,  mozos e mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos que ofrecerán ao público un repertorio clásico amosando a súa calidade. A entrada a esta actividade que se realiza dentro dos ciclos de Música no Museo é libre ata completar o aforo.

I Concurso de Solistas de Galicia

No concurso puideron participar músicos galegos de entre 10 e 18 anos de idade ou que estivesen cursando os seus estudos musicais en Galicia.

Na categoría de 10 a 14 anos, Alina Madison Sadykova (piano) acadou o primeiro premio e  Uxía Gómez Medal (violín) o segundo.

Na categoría de 15 a 18 anos, Noreia Hermida Pérez (piano) obtivo o primeiro premio e Pablo Castaño Refojo (saxofón) o segundo.

No concerto participarán:

Alina Madison Sadykova (piano), Uxía Gómez Medal (violín), Sergio Manteiga García (trombón), Estela Rodríguez Rodríguez (clarinete), Ainhoa Valiño Valiño (saxofón), Roberto Diz Parrondo (chelo), Inés Fernández Rial (piano) e Aurora Berná Rodríguez (óboe), na categoría de 10 a 14 anos. Noreia Hermida Pérez (piano), Pablo Castaño Refojo (saxofón), Sara Castro López (piano) e Pablo Forte Leyenda (clarinete), na categoría de 15 a 18 anos.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra