O Museo en familia

Actualizado 30/04/2020 00:00

museo de pontevedra

Nesta sección iremos ofrecendo unha serie de actividades formativas e de lecer para que nenas e nenos realicen nas súas casas.

O Museo en familia

XOGANDO CON BONECAS RECORTABLES

Este xogo quere axudar a nenas e nenos a coñecer como cambiou a indumentaria das persoas ao longo da historia. Para iso ofréceselles unha boneca e un boneco que poden imprimir e recortar, igual que deberán facer coa vestimenta e cos tocados e complementos. Antes contámoslles en que persoas representadas en obras do Museo nos inspiramos e por que vestían así.

Abrir PDF coa a actividade

Para coñecer a nosa colección de bonecas de papel e outros xoguetes do s. XIX premer aquí

COLOREA A VESTIMENTA DOS NOSOS ANTEPASADOS

Nesta actividade as nenas e os nenos teñen vestidos de distintas épocas, inspirados nalgunhas das pezas do Museo, para colorear e, se queren, enviar fotos do resultado a gabinetedidactico.museo@depo.es para compartilas con nós.

Abrir PDF coa a actividade

PASA O TEMPO! Encrucillado de arqueoloxía

As salas de arqueoloxía do Edificio Sarmiento protagonizan este encrucillado que o público participante debe encher con vinte palabras relacionadas coa nosa colección de Prehistoria e Historia Antiga.

Abrir encrucillado

ORIXINAL OU COPIA? Busca 10 diferenzas

Catro obras de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (1886-1950) protagonizan esta actividade, na que o público infantil e familiar que participe nela debe achar 10 diferenzas entre as obras orixinais do artista e as supostas falsificacións, realizadas por un copista que cometeu dez erros en cada unha delas.

As obras acompáñanse dun breve comentario explicativo.

Descargar actividade en PDF

COÑECE A EXPOSICIÓN DEBUXANTAS

Para que nenas e nenos coñezan a exposición Debuxantas. Pioneiras da ilustración, que polas circunstancias actuais non se pode visitar no Sexto Edificio, preséntanselles nesta sección dúas actividades formativas e de lecer para realizar nas súas casas e unha breve información complementaria sobre algunhas das 40 mulleres artistas recollidas na mostra que traballaron para a revista Blanco y Negro e o diario ABC desde a súa fundación (1891 e 1903) ata finais dos anos 90.

Na primeira das actividades o público infantil e familiar participante pode colorear dúas obras da ilustradora Ana María Badell Lapetra e na segunda pode realizar un portalapis decorado con imaxes de tres das ilustradoras da mostra.

Descarga Colorea coas Debuxantas! en PDF

Descargar Crea o teu portalapis en PDF

Descargar Para saber +… en PDF

FAI A TÚA MARIONETA!

Nesta actividade explícase como  construír unha marioneta coa que poder realizar logo unha pequena obra de teatro en familia. É moi sinxelo!

Descargar instruccións en PDF

PINTA CON NÓVOA

Nenas e nenos achéganse nesta actividade a obra do pintor pontevedrés Leopoldo Nóvoa (1919-2012) a través de dúas das obras que pintou en Bos Aires no ano 1952, conservadas na colección do Museo. Ofrecémoslles dous debuxos delas nos que se quitou  a cor para que poidan colorear, recortar ou mesmo facer en colaxe.

Descargar toda a información e materiais en PDF

Tamén lles deixamos as imaxes dos cadros orixinais e unhas copias deles para que achen dez diferenzas en cada unha das copias.

Descargar Orixinal ou copia? Busca as diferenzas!

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra