Mírate no espello

Actualizado 21/04/2020 00:00

museo de pontevedra

Seguindo a iniciativa doutros museos, iniciamos a actividade  Mírate no espello para que as persoas que o desexen a poidan realizar na súa casa neste tempo de confinamento. 

Comeza con tres obras realizadas por Manuel Torres Martínez, Silvio Fernández Rodríguez - Bastos e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.  A  primeira delas protagonizada por unha persoa soa, a segunda por dúas e a terceira por un grupo, de forma que a recreación que se debe realizar do cadro que se elixa  a poida levar adiante unha soa persoa, dúas ou o un pequeno grupo familiar.

A nova escena débese recrear o máis fielmente posible coas vestimentas, adornos  e outros medios dos que se dispoñan na casa. Logo pódese compartir a imaxe coa nova composición no Facebook do Museo, onde se irá dando cota polo miúdo desta actividade creativa

Os cadros escollidos para esta primeira sesión son:

Señora con sombreiro, 1931

MANUEL TORRES MARTÍNEZ (Marín, 1901 – Pontevedra, 1995)

Señora con sombreiro, 1931

O xantar, 1890.

SILVIO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ - BASTOS (Ribadavia 1859- Ourense 1937)

O xantar

O cego de Padrenda, 1910.     

ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950)

O cego de Padrenda, 1910

Os cadros escollidos para a segunda sesión son:

El Eunuco, ca. 1860

MARIANO FORTUNY MARSAL (Reus, 1838 – Roma, 1874)

Óleo/lenzo

El Eunuco

Regateiras, 1960

MANUEL TORRES MARTÍNEZ (Marín, 1901 – Pontevedra, 1995)

Óleo/tablex

Regateiras, 1960

Vendedora de frutas, ca. 1900

DANIEL VÁZQUEZ DÍAZ (Nerva, 1882 - Madrid, 1969)

Óleo/lenzo

Vendedora de frutas, ca. 1900

Os cadros escollidos para a terceira sesión son:

A dama do antiface , Ca. 1880

RAIMUNDO DE MADRAZO (Roma 1841 – Versalles 1920)

Óleo/táboa

A dama do antiface

Maternidade, Ca. 1968

PEDRO BUENO VILLAREJO (Córdoba, 1910-1993)

Óleo/lenzo

Maternidade,  Ca. 1968

Os cegos, 1965

FRANCISCO MATEOS GONZÁLEZ (Sevilla, 1894 – Madrid, 1976)

Óleo/lenzo

Os cegos, 1965

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra