Cancelación do festival O Museo de Pontevedra en curtametraxes

Actualizado 22/04/2020 00:00

museo de pontevedra

Como consecuencia da ausencia da actividade presencial nos centros escolares pola COVID-19,  O Museo viuse na necesidade de cancelar a terceira edición do festival infantil e xuvenil O Museo de Pontevedra en curtametraxes pois, das 28 preinscricións  para esta convocatoria, só se puideron concluír e presentar dous traballos.

Aínda que se estudou a posibilidade de aprazamento para o primeiro trimestre do curso vindeiro, ampliando o tempo para que o alumnado inscrito enviase as súas curtametraxes, esta opción non se considerou finalmente apropiada xa que unha porcentaxe alta de participantes ían cambiar no so do profesorado que os orientaba e motivaba, senón de etapa e centro educativo, pasando de primaria a ESO, de ESO a Bacharelato, ou de bacharelato a Universidade.

As curtametraxes xa remitidas, se así o desexa o alumnado que as creou, poderáselle dar visibilidade a través desta páxina Web ou das redes sociais do Museo, ou se o prefiren terán a opción de presentalas a futuras convocatorias. Esta última posibilidade tamén está aberta a aquelas curtametraxes que se estaban a producir pero que non se chegaron a remitir.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra