Día do Libro no Museo. Lendo a Castelao

Actualizado 23/04/2020 00:00

museo de pontevedra

Para celebrar o Día do Libro e compartir a lectura en familia, o Museo propón unha actividade centrada no relato “O pai de Migueliño”, que Castelao incluíu no Segundo libro de Cousas, publicado pola editorial Nós en 1929.

Ademais da lectura do relato, que o autor acompañou do debuxo que titulou “O pai ensoñado”, que  forma parte da colección do Museo, as persoas participantes nesta actividade para realizar na casa poden colorear o debuxo ou crear a súa propia versión do conto. E se o desexan poden enviala a gabinetedidactico.museo@depo.es

Castelao púxolle o título de Cousas a unha serie de relatos curtos que ían acompañados dun debuxo relacionado coa narración. No Museo conservamos os debuxos orixinais do primeiro e o segundo libro de Cousas, publicados en 1926 e 1929. Estes dous libros recompilaríanse nun único volume en 1934.

DESCARGAR ACTIVIDADE EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra