Contos confinados

Actualizado 30/05/2020 00:00

museo de pontevedra

O Museo programa catro sesións de "contos confinados" virtuais os sábados do mes de maio ás 12:00 h. As citas correrán a cargo de Migallas Teatro, Polo Correo do Vento, Beatriz Campos e Felipe Díaz "Caxoto", da compañía A Trastenda dos Contos.

Estas sesións de contacontos virtuais están destinadas ás e aos máis cativos da casa. Incluirán nas súas propostas narracións, cancións e ata un pequeno obradoiro de debuxo para que as pequenas e pequenos realicen dende os seus domicilios seguindo os vídeos.

As pezas, que se publicarán cada sábado, foron gravadas polas e polos artistas nas súas propias casas e cos medios dos que dispoñen nelas.

As actuacións programadas serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga).

A iniciativa pretende manter a actividade lúdica destinada a nenas e nenos e apoiar ao sector cultural no actual momento de incerteza.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra