Solpor. Exposición virtual

Actualizado 15/05/2020 00:00

museo de pontevedra

Vinte e cinco fotografías de cinco fotógrafos galegos, acompañadas por cinco fragmentos poéticos doutros tantos escritoras e escritores galegos, homenaxeados ao longo do tempo no Día das Letras Galegas, dan corpo a esta mostra que se presentará en formato vídeo.

Nela, as fotografías de Xulio Gil, Anxo Rial, Susi Suárez, Enrique Touriño e Miguel Vidal, convivirán con versos de Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, María Mariño e Manuel María.

En palabras da súa comisaria, Fátima Cobo, da man da fotografía, Solpor quere ser unha fiestra á beleza da paisaxe galega nun momento do día no que as cores se volven máxicas. Unha fiestra á nosa literatura, dando voz a algúns dos fragmentos poéticos máis fermosos das nosas letras, pero tamén, e sobre todo, unha invitación ao goce das nosas paisaxes, da obra dos nosos artistas e das palabras dos nosos escritores e escritoras.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra