Reapertura do Museo

Actualizado 03/06/2020 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra reabriu as súas portas o martes 2 de xuño coa capacidade das súas instalacións reducida a menos do 30%, asegurando así unha boa experiencia de visita ás coleccións permanentes e temporais con todas as garantías sanitarias.

A cabida de cada un dos espazos está indicada no ingreso ás salas de exposicións  en  función  dos  seus  metros  cadrados.  Ademais,  todos  os edificios contan con sinalización informativa e de distanciamento e instaláronse anteparos separadores naqueles lugares nos que existe contacto entre o público e o persoal traballador, principalmente nas salas de acceso e de investigación. Tamén hai itinerarios preferentes mediante frechas e paneis informativos varios.

A actividade reiniciouse coa prolongación das mostras vixentes antes do peche, a exposición antolóxica ‘Leopoldo Nóvoa 1919-2019’ e ‘Debuxantas. Pioneiras  da  ilustración’,  pero  sen  roteiros  guiados  nin  outros  eventos grupais.

PLAN DE CONTINXENCIA FRONTE AO COVID-19 EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra