Reapertura da Sala de investigación

Actualizado 03/06/2020 00:05

museo de pontevedra

A Sala de investigación do Museo de Pontevedra está aberta de 9:30 a 13:30 h con cita previa e a redución do número de postos dispoñibles ao 30% do aforo, seguindo as normas que se poden consultar neste apartado xunto aos servizos que se prestan.

NORMAS DE ACCESO

O horario da Sala de investigación é de luns a venres de 9:30 a 13:30h.

O número de postos dispoñibles é de sete (30% do da capacidade total).

A entrada á sala farase de xeito gradual, cun intervalo mínimo entre persoa usuaria de 5 minutos.

É obrigatorio entrar ás instalacións con máscara.

Ao entrar todas as persoas deben desinfectar as mans e utilizar luvas (desinfectante e luvas serán proporcionadas polo Museo).

Deben utilizarse os itinerarios establecidos para circular pola sala de investigación.

As persoas usuarias deben seguir en todo momento as instrucións do persoal do Museo.

É preciso solicitar cita previa e a petición ou reserva anticipada das obras.

SERVIZOS

Servizo de información bibliográfica

Pode ser presencial (cita previa) e/ou vía correo electrónico

Consulta en sala

Debe solicitarse cita previa a través do correo electrónico museo.citaprevia.salainvestigacion@depo.es  ou por teléfono 986 80 41 00 Ext. 42377.

Debe facerse a petición ou reserva anticipada das obras obxecto da consulta. Non se permitirá a consulta de obras que non teñan sido solicitadas ou reservadas previamente.

Recoméndase facer a consulta inicial en ATOPO (Portal Web https://atopo.depo.gal

No caso de descoñecer que obras concretas son as que lle interesan, poderase optar por realizar a consulta bibliográfica, utilizando calquera dos dous procedementos mencionados arriba (correo-e e teléfono) especificando o tema de interese. Darase resposta telemática, para que a persoa usuaria seleccione e reserve as obras nas que estea interesada. É necesario ter en conta que é posible que as obras non estean dispoñibles temporalmente por atoparse en corentena.

Cando a obra solicitada estea dixitalizada non se permitirá a consulta do exemplar físico

O material en préstamo será recollido pola persoa usuaria no mostrador de sala e, unha vez finalizada a consulta devolverao nun espazo habilitado e perfectamente sinalizado que lle indicará o persoal.

Unha vez devolto, o material non se poderá reservar para consulta nos días sucesivos á primeira. Só estará novamente dispoñible tras a corentena, que será de 14 días.

Está permitido o uso de ordenadores e medios informáticos destinados para o uso público.

Permítese o uso de catálogos de acceso público en liña

Non está permitido o uso dos catálogos manuais en fichas de papel que só poderá manipular o persoal bibliotecario a cargo da sala.

A colección de libre acceso está pechada ao público. As obras poderán ser solicitadas (con petición ou reserva anticipada) e serán proporcionadas polo persoal de sala.

Servizo de reprodución

Seguirase co mesmo procedemento establecido,  previo á clausura da sala.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra