Presentación do libro Memorias de un Republicano Pontevedrés

Actualizado 23/06/2020 00:00

museo de pontevedra

O venres 26 de xuño ás 20 h preséntase na área de cristal do Sexto Edificio o libro Memorias de un Republicano Pontevedrés do que é autor Guillermo García de la Riega Bellver.

O autor introdúcenos na biografía do seu pai Celso García de la Riega Álvarez —comisario político, comandante do exército republicano e histórico militante do PSOE— a través dun relato novelado, no que combina a narración literaria coa documentación, mesmo coa reprodución literal de textos historiográficos, que achegan veracidade e recrean o contexto no que os feitos se produciron. Ese mesmo xogo aparece no tratamento dos personaxes, algúns cos seus nomes e outros con nomes supostos, pero todos reais.

A obra articúlase en dous grandes bloques: o tempo da guerra e a posterior loita pola vida dun vencido na Pontevedra do medo e do silencio.

No acto intervirán:

Xosé Álvarez Castro, profesor de historia xubilado; Maica Larriba García, catedrática de Historia de Instituto, secretaria xeral da agrupación PSDGA-PSOE Pontevedra, subdelegada do Goberno en Pontevedra e sobriña de Celso García de la Riega Álvarez e Guillermo García de la Riega Bellver, licenciado en Bioloxía e autor da novela.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra