Visitas guiadas

Actualizado 25/06/2020 00:00

museo de pontevedra

Coa reincorporación progresiva á normalidade no Museo, retómase o programa de visitas guiadas adaptado ás novas circunstancias e normativas. Ofrécense catro tipos de visita:

  • VISITAS ÁS EXPOSICIÓNS TEMPORAIS PARA PÚBLICO INDIVIDUAL

    Trátase dunha breve introdución duns 30 minutos que servirá como primeira toma de contacto coa mostra que logo poderán gozar de xeito autónomo. No caso das actuais o horario será o seguinte:

    Leopoldo Nóvoa 1919-2019: xoves ás 18h

    Debuxantas. Pioneiras da ilustración: sábados  ás 18h

  • VISITAS GUIADAS POLA COLECCIÓN PERMANENTE PARA PÚBLICO INDIVIDUAL

    Teñen unha duración aproximada dunha hora e diríxense a persoas que visitan o museo por primeira vez ou queren recibir unha información xeral sobre a súa historia e coleccións máis representativas.

    De martes a venres: ás 12h e  19h

    Sábados, domingos e festivos:  12h

  • VISITAS GUIADAS POLAS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS

    De martes a venres ás 11 h

  • VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS CON CITA PREVIA (EXPOSICIÓNS TEMPORAIS, PERMANENTES E RUÍNAS DE SAN DOMINGOS)

    Os grupos interesados deben contactar a tal fin co Gabinete Didáctico a través de do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou telefonicamente no 986 804 100 extensión 42412 en horario de 8:30 a 14:30 h.

    Medidas de prevención e normas:

    As persoas que participen nas visitas deben seguir en todo momento as indicacións do guía que as acompañe.

    A capacidade máxima por grupo será de 18 persoas —guía aparte— (o 75% do que estaba establecido antes da pandemia).

    Todo o público, individual ou en grupo, deberá seguir o protocolo de acceso e circulación polo Museo que xa está establecido.

    É obrigatorio o uso de máscaras durante todo o tempo que se permaneza no Museo.

    Non se fará uso do ascensor salvo para as persoas que o precisen, debendo manter a distancia de seguridade e, de non ser posible, facendo un uso individual do mesmo.

    Deberá manterse a distancia de separación entre persoas, de metro e medio, salvo que pertenzan a unha mesma unidade familiar.

    Non se poderá facer uso de forma táctil dos caixóns didácticos, réplicas, maquetas e dispositivos audiovisuais que están dispostos na salas do Museo.

    Os itinerarios que se fixen deben ser respectados. 

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra