Certame de artes plásticas Novos Valores 2020

Actualizado 07/07/2020 00:00

museo de pontevedra

O BOPPO publica as bases da edición 2020 do Certame de Artes Plásticas Novos Valores destinada a promocionar a formación de artistas noveis a través da concesión de 4 bolsas dotadas de 7.500 € cada unha, que teñen como obxectivo favorecer que as e os gañadores amplíen os seus estudos artísticos. O prazo de presentación de solicitudes extenderase ata o día 24 e realizarase preferiblemente por vía electrónica a través de https://sede.depo.gal.

Poderán concorrer a este certame aquelas e aqueles artistas, naturais ou residentes en Galicia, que sexan maiores de 18 anos e menores de 35, con propostas adscritas ás modalidades de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creacion, entre outras.

Ademáis, só se aceptará unha obra por artista e o seu peso no poderá superar os 500 quilos nin os 2,00 m de dimensión como máximo. Pola súa banda, no apartado audiovisual admitiranse traballos unicamente en soporte CD ou DVD e o tempo de proxección non excederá os 5 minutos.

Unha vez revisados polo Museo de Pontevedra os proxectos seleccionados, xunto coa súa documentación técnica xustificativa, convocarase ao xurado que examinará, valorará e escollerá ata un máximo de 25 obras que formarán parte da exposición Novos Valores 2020, que estará aberta ao público no Sexto Edificio do 15 de outubro ao 15 de novembro.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra