O Museo estrea a súa nova imaxe institucional

Actualizado 17/07/2020 00:00

museo de pontevedra

O Museo conta cunha nova imaxe visual que se presentou o 16 de xullo publicamente na terraza exterior do Sexto Edificio, nun acto no que se descubriu unha peza escultórica que presidirá a praza e que dará a benvida ás persoas visitantes.

A nova imaxe estará presente en todas as instalacións do Museo, así como na súa páxina web, nas redes sociais e en todos as pezas de calquera tipo relacionadas coa institución, incluído o merchandising e á venda na futura tenda oficial da institución. Tamén se mostra no elemento escultórico que recibe aos visitantes da praza de acceso ao Sexto Edificio.

O novo logotipo,  deseñado por Uqui Permui, foi elexido por unanimidad entre os catro finalistas das 37 propostas presentadas.

Máis información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra