Nova data do obradoiro para persoas adultas Arte, paisaxe e xénero 

Actualizado 09/09/2020 00:00

museo de pontevedra

O obradoiro Arte, paisaxe e xénero, que non se puido realizar en marzo polo confinamento, xa ten unha nova data. Celebrarase, coas persoas que estaban inscritas, todos os mércores entre o 7 de outubro e o 9 de decembro de 17:30 a 20 h.

As dez sesións deste obradoiro impartido por Iria V. López teñen como obxecto  afondar na relación existente entre  arte e paisaxe dende unha  perspectiva de xénero, coñecendo e aprendendo diferentes visións,  procedementos e medios de expresión artística a partir da experiencia e obras de artistas dos séculos XIX ao XXI.

As xornadas dividiranse en dúas partes. Unha teórica, na que se expón o tema de estudo e se visiona o material gráfico, e unha segunda práctica, baseada no desenvolvemento dunha proposta creativa a partir da obra e temas abordados.

Máis información no Gabinete Didáctico: tlfno. 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. En horario de 8:30 a 14:30 h

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra