Programa de visitas guiadas con Intérprete de Lingua de Signos Española (ILSE). 2020

Actualizado 24/09/2020 00:00

museo de pontevedra

Retómase o programa de visitas guiadas con Intérprete de Lingua de Signos Española (ILSE) que realiza o Museo en colaboración coa Federación de Asociacións de  Persoas   Xordas de Galicia –  FAXPG –,  reducindo o número de persoas xordas,  xordocegas ou con discapacidade auditiva  que poden formar cada grupo polas circunstancias sanitarias actuais.

As visitas realizaranse a través dunha selección de obras representativas das coleccións do Museo e terán unha duración aproximada de 60 minutos.

Poden participar grupos de particulares (familias, amigos…) e asociacións pero deben ser dun máximo de 8 persoas máis o intérprete. Cando superen este número serán divididos noutros grupos que irán acompañados por unha ou un guía do Museo e un  ILSE.

Datas: poderán escoller entre os seguintes sábados:

10 de outubro, 14 de novembro e 12 de decembro.

Hora: ás 12:00.

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (R/Padre Amoedo, nº3)

Reserva: é necesario inscribirse cun mínimo dunha semana de antelación a través do correo electrónico: gabinetedidactico.museo@depo.es (horario de atención de correos electrónicos de luns a venres de 8:30 a 14:30).

Datos necesarios: Data elixida para a visita, número de persoas, tipo de grupo: familiar, con nenos e adultos, asociación (neste caso, especificar nome da asociación).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra