Nadais. Colección Filgueira Valverde
Actualizado 02/12/2020 00:00 museo de pontevedra Do 3 de decembro ao 24 de xaneiro móstrase no Sexto Edificio unha selección dos máis de nove mil nadais que Xosé Filgueira Valverde foi recibindo de distintas personalidades entre 1936 e 1996. ![]() A exposición, comisariada por Sabela Santos Filgueira, está organizada en tres seccións. A primeira está dedicada a artistas plásticos con nadais con debuxos, acuarelas, linóleos, serigrafías, fotografías… de arquitectos, pintores, escultores e fotógrafos. A segunda sección está centrada na poesía galega dos nadais, con textos manuscritos e panxoliñas de Álvaro Cunqueiro, Ben-Cho-Shey, Manuel María, Aquilino Iglesia Alvariño ou Celso Emilio Ferreiro. A última sección ocúpase da Música, con cantos de Nadal populares, poemas de Xosé Díaz Jácome, panxoliñas recollidas por Iglesias Vilarelle para a Coral Polifónica, algunhas destas cancións de pobo, coñecidas e cantadas nas roldas de festa de Nadal como seguramente faría Octavio San Martín, seareiro de Padrón e primeiro en enviarlle un Nadal con texto en galego trala guerra. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |