Contos Confinados. Segunda edición
Actualizado 26/02/2021 00:00 museo de pontevedra Nesta nova edición de contacontos virtuais, que se inicia o sábado 13 de febreiro ás 10 h, o público infantil pode seguir desde as súas casas as catro narracións que realizarán Caxoto de A Trastenda dos Contos, Polo Correo do Vento, Beatriz Campos e Migallas Teatro. ![]() Estas narracións, que se amosarán os sábados ás 10 h nesta Web e no Facebook, serán tamén interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga) Sábado 13 de febrero. Caxoto, de A Trastenda dos Contos, comeza as sesións facendo un repaso polas tradicións máis senlleiras do Entroido. Sábado 20 de febreiro Polo Correo do Vento presentará ‘A investigadora peregrina e o misterioso caso dos peliqueiros’. Esta intervención incluirá un obradoiro de debuxo. Sábado 27 de febreiro Beatriz Campos protagoniza esta sesión coa narración ‘Os tres porquiños’. Sábado 6 de marzo Migallas Teatro pecha esta segunda edición de Contos Confinados coa narración ‘Romance da princesa caprichosa’. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |