José Suárez. 1902-1974. Exposición

Actualizado 09/03/2021 00:00

museo de pontevedra

A mostra antolóxica José Suárez. 1902-1974, que poderá visitarse no edificio Castelao (antes Sexto Edificio) do 2 de marzo ao 18 de abril, recolle a obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX.

José Suárez

Xunto a selección de 150 fotografías amósase un número importante de cartas, documentos, libros e catálogos que axudan a dar unha visión de conxunto da súa actividade profesional.

Esta proposta expositiva, comisariada por Xosé Luis Suárez Canal e Manolo Sendón, está   dividida en tres sección nas que se recolle as fotografías de campesiños e mariñeiros galegos realizadas nos anos 30, a súa etapa no exilio, na que compatibiliza fotografía e cine e o seu retorno a Galicia en 1959.

VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN 'JOSÉ SUÁREZ 1902-1974'

  • Datas: Xoves e sábados ás 18 horas
  • Participantes: 4 persoas por sesión.
  • Inscrición: Debido á situación creada pola COVID é necesaria inscrición previa a través do tlfno. 986.804.100 extensión 42413 ou por correo electrónico educacion.museo@depo.es, en horario de 8:30 h a 14:30 h).
  • Tanto a entrada á exposición como a participación na visita guiada é gratuíta.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra