Visitas guiadas gratuítas con intérprete de Língua de Signos Española (ILSE)

Actualizado 08/03/2021 00:00

museo de pontevedra

Un ano máis, coa colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia – FAXPG -, invitámosmos a realizar unha visita guiada ao Museo de Pontevedra na compañía dun guía do Museo e dun intérprete de lingua de signos.

O Museo de Pontevedra posúe unha grande e heteroxénea colección, na que poderedes gozar tanto de restos arqueolóxicos de grande importancia como de obras de arte dalgúns dos artistas máis representativos de Galicia e tamén de fóra de Galicia.

Para concretar o día e a hora da visita só é necesario contactar coa área de Educación do Museo na seguinte dirección de correo electrónico: educación.museo@depo.gal

A solicitude debe realizarse con 15 días de antelación como mínimo.

Deberase especificar:

  • A data e a hora escollida
  • Tipo de visita: se queren visitar unha parte concreta da colección: as Salas de Arqueoloxía, a Colección Castelao, a Colección de Sargadelos, As Ruínas de San Domingos… ou unha visita de carácter xeral na que se faga unha selección de obras relevantes.
  • Número de persoas que van realizar a visita.
  • Nome dunha persoa de contacto.

Debido á excepcional situación que estamos a vivir pola COVID-19, o Museo adoptou todas as medidas de seguridade indicadas pola normativa vixente, que implican para o público: a hixiene de mans con xel hidroalcohólico e o control de temperatura á entrada do museo, e o uso obrigado de máscara durante todo o percorrido.

O número de persoas que poidan participar na visita estará suxeito ás indicacións que, en cada momento, estableza o protocolo sanitario.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra