Concurso fotográfico xuvenil: Pegadas do mar e da terra

Actualizado 09/03/2021 00:05

museo de pontevedra

Como actividade complementaria á exposición de José Suárez propoñemos un concurso de fotografía dixital feita co móbil para as mozas e mozos que cursen ESO ou Bacharelato.

Mariñeiros

José Suárez inmortalizou coa súa cámara o traballo das nosas xentes e as súas pegadas no mar e na terra. Por iso como homenaxe a el, as fotografías presentadas deben ser en branco e negro e xirar en torno a unha destas dúas temáticas, onde os obxectos e as xentes vencelladas a estes labores tradicionais sexan os verdadeiros protagonistas: aparellos de pesca, marisqueo ou de labranza, pezas de olería, embarcacións tradicionais…

Só se admitirá unha fotografía en branco e negro por persoa, quen certifica que é unha obra propia, orixinal e inédita.

Deberán ser enviadas á seguinte dirección de correo electrónico: educacion.museo@depo.es

O prazo límite de presentación de imaxes será o 11 de abril.

Outorgaranse dous premios en función do nivel educativo, ESO e Bacharelato, en cada unha das seguintes categorías temáticas: Pegados do mar e Pegadas da terra.

Consulta aquí as bases (PDF)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra