Visitas ás Ruínas de San Domingos

Actualizado 07/04/2021 00:00

museo de pontevedra

As Ruínas de San Domingos constitúen un dos recintos monumentais máis destacados da cidade de Pontevedra. As súas pedras fálannos dun dos momentos máis apaixonantes na historia da cidade, onde as ordes mendicantes, como a dos dominicos que erixiron esta igrexa e convento, xogaron un papel fundamental. 

As persoas que desexen coñecer a súa historia e algunhas das valiosas pezas que custodia este lugar tan singular, poden visitalas nos horarios que a continuación se indican e tamén participar nas nosas visitas guiadas.

Horario de apertura (do 15 de marzo ao 31 de outubro):

  • De martes a sábados: de 10h a 14h e de 16:00h a 19:30h 
  • Domingos e festivos: de 11h a 14h
  • Luns: pechado

Visitas guiadas:

Todos os xoves ás 12h.

Non é necesaria inscrición pero a visita ten un aforo máximo de seis persoas, a parte do guía, tal e como neste momento indica a normativa sanitaria.

Os grupos que queiran concertar a visita fóra deste horario poden facelo a través do teléfono 986 804 100 ou do correo electrónico: educación.museo@depo.es (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra