Emilia Pardo Bazán no Museo. Visita comentada

Actualizado 07/04/2021 00:05

museo de pontevedra

Sumándose á efeméride polo cen aniversario da morte Emilia Pardo Bazán, que se cumprirá o 12 de maio, o Museo prolonga ata esa data ás visitas comentadas en torno á figura da ilustre escritora.

Nelas convídase a coñecer algúns aspectos curiosos da súa biografía a través dunha selección de fondos artísticos, documentais, gráficos e bibliográficos do Museo que están expostos temporalmente na sala dedicada á Xeración Doente, na que se atopa a obra do pintor coruñés Joaquín Vaamonde Cornide de quen Emilia foi mecenas.

As visitas comentadas realizaranse  todos o mércores ás 18 h ata o 12 de maio.

É necesaria inscrición a través do correo electrónico: educacion.museo@depo.es (a atención aos correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30). Indicar o nome das persoas solicitantes e un teléfono de contacto.

Debido ás medidas sanitarias vixentes o aforo máximo é de 4 persoas máis o guía.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra