Obradoiros de Verán 2021

Actualizado 04/06/2021 00:00

museo de pontevedra

Do 7 ao 20 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de verán do Museo cunha proposta renovada de actividades para nenas e nenos entre 5 e 12 anos. O mundo dos mosaicos romanos, a relación entre o ceo e a humanidade, a creación cerámica e a fantasía dos libros Pop-Up, serán as catro temáticas que explorarán nesta ocasión o público infantil que participe.

Na realización destas actividades teranse en conta as medidas preventivas ante a COVID-19.

Inscrición:

Farase a través da dirección de correo electrónico educacion.museo@depo.es En cada correo só poderá inscribirse un ou unha participante.

Adxudicarase un obradoiro por nena ou neno por estrita orde de inscrición. No caso de que o obradoiro desexado xa estivese cuberto, ou quedasen prazas vacantes noutros, poderase indicar na solicitude os outros obradoiros nos que se querería participar, poñéndoos por orde de preferencia.

OBRADOIROS

O mosaico romano de Panxón

Imparte: Ana María González García (restauradora)

Con esta actividade quérese achegar ao público infantil, dunha forma lúdica e amena, o labor do persoal de conservación e restauración de bens culturais, e contribuír a conciencialo da importancia de respectar e coidar o patrimonio para o seu futuro.

A cativada que participe sentirase persoal restaurador por un día a través dunha réplica a escala 1:10 do mosaico romano de Panxón (Nigrán). Cada nena ou neno poderá poñer en práctica a técnica da integración cromática aplicada en restauración.

Número de participantes: 10

Duración: 1 sesión (un día) en horario de 11 a 13 h

Nenos/as de 5 a 8 anos

A elixir un destes días: 6, 7, 8 ou 9 de xullo

Nenos/as de 9 a 12 anos

A elixir un destes días: 13, 14, 15 ou 16 de xullo

 

Descubrindo o ceo no Museo de Pontevedra

Imparte: Van Divulgación Cultural, S.L.

Mirarían ao ceo os nosos antepasados? Que nos conta? Existe algunha relación entre os astros e a orientación ou a medida do tempo? A través dun percorrido polo Museo xogaremos para descubrir a relación da humanidade co ceo ao longo da historia.

Número de participantes: 10

Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11 a 13 h

Nenos/as de 9 a 12 anos

Do 20 ao 23 de xullo

Nenos/as de 6 a 8 anos

Do 27 ao 30 de xullo

 

Cacharriños cerámicos

Imparte: Nuria Rodríguez Figueiredo (ceramista e ilustradora)

Con este obradoiro internarémonos no fabuloso mundo da cerámica da man da ilustradora e ceramista, varias veces galardoada, Nuria Figueiredo. O obradoiro é unha primeira aproximación ao mundo da cerámica partindo da observación dalgunhas das pezas da colección do Museo. En dúas sesións de dúas horas cada unha, a rapazada aprenderá diferentes técnicas de construción, o belisco, o churro, a prancha… e a decorar as pezas creadas.

Número de participantes: 10 por quenda

Duración: 2 sesións (2 días) en horario de 11 a 13 h

Nenos/as de 7 a 9 anos

Primeira quenda o 3 e 4 de agosto

Segunda quenda o 10 e 11 de agosto

Nenos/as de 10 a 12 anos

Primeira quenda o 5 e 6 de agosto

Segunda quenda o 12 e 13 de agosto

 

Despregando a túa imaxinación

Imparte: Aída Alonso (ilustradora)

En relación coa exposición da colección Ana Mª Ortega e Álvaro Gutiérrez de Libros pop-Up, que terá lugar do 29 de xullo ata o 18 de outubro, a ilustradora Aída Alonso impartirá este obradoiro onde a cativada despregará a súa imaxinación debuxando con tesoiras e enchendo de maxia os nosos libros.

Número de participantes: 10 por quenda.

Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11 a 13 h

Nenos/as de 6 a 9 anos

Do 17 ao 20 de agosto

Nenos/as de 10 a 12 anos

Do 24 ao 27 de agosto

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra