Guerra, represión e exilio na exposición da colección permanente

Actualizado 17/06/2021 00:00

museo de pontevedra

Intégranse no discurso expositivo da colección permanente do Museo un conxunto de obras vinculadas coa Guerra Civil, realizadas por artistas galegos represaliados ou exiliados como Federico Ribas Monteagudo, Arturo Souto Feijoo, Uxío Souto Campos… co que se enriquece a obra mostrada neste eido representada sobre todo pola exposición completa dos Álbums de Guerra que realizou Castelao.

Nas imaxes amósanse algunhas destas creacións.

Negra sombra

Estampa de debuxos de guerra

Cruce dos Pirineos

A derradeira lección do mestre

En Galicia, como no resto de España, a Guerra Civil (1936-1939) truncou a traxectoria vital e a evolución artística dos creadores activos naquel tempo, especialmente a daqueles ligados ideoloxicamente ao galeguismo, o nacionalismo e a República. Así, despois do golpe militar do 18 de xullo de 1936, co rápido dominio do noroeste peninsular por parte dos sublevados, algúns deles, como o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, serán asasinados, e co establecemento do réxime franquista, outros foron forzados a un longo exilio do que algúns, como Castelao, nunca poderían volver e, non poucos, vivirían un represivo exilio interior.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra