emprAzarte

Actualizado 18/06/2021 00:00

museo de pontevedra

Entre as propostas culturais do Museo para este verán está emprAzarte, un conxunto de concertos e contacontos que se van celebrar ao aire libre na praza de acceso ao edificio Castelao. A actuación de Silvia Penide inaugura a serie de concertos que se celebrarán os venres ás 21 h e a narración Zona en obras, por parte de Brais das Hortas, inicia o ciclo de contacontos que terán lugar os sábados ás 12 h.

emplazArte

Para participar nestas actividades hai que inscribirse en reservas.museo@depo.es

  • Venres 25 de xuño (21:00 h): Concerto de Silvia Penide
  • Sábado 26 de xuño (12:00 h): Contacontos Zona en obras con Brais das Hortas
  • Sábado 31 de xullo (12:00 horas): Contacontos con Felipe Díaz 'Caxoto'
  • Venres 27 de agosto (21:00 h): Concerto de Pablo Lesuit
  • Sábado 28 de agosto (12:00 h): Contacontos Onda min, con Raquel Queizás
  • Venres 24 de setembro (21:00 h): Concerto de Eladio y los seres queridos
  • Sábado 25 de setembro (12:00 h): Contacontos Contos para dar e tomar con RaqueloQo
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra